Portos amplía a mes e medio o prazo de revisión da concesión do Salón Peña de Cambados

CAMBADOS> Portos amplía a mes e medio a prórroga para a revisión da concesión do Salón Peña de Cambados, pero mantén o seu non a renovala. Dito doutro xeito, as actividades de Nadal vanse poder celebrar alí, pero  o Concello quedará despois sen a cesión do espazo.

O organismo autonómico explica que tomou esta decisión para non interferir na oferta de actividades para as Festas que están programadas no Salón. No Concello entenden que o contrario sería roubarlle o Nadal ós nenos da vila.

Con todo, Portos mantén o seu ‘non’ á prórroga da concesión. Di que se incumpren as condicións de outorgamento e o establecido na Lei de Portos de Galicia. Un argumento que non entenden no Concello. Xurxo Charlín defende que as actividades que agora se celebran no Salón Peña son as mesmas que cando na vila gobernaba o PP e que daquela non pasaba nada.

No concello agardan chegar a unha solución e que a concesión se acabe renovando sen ter que recorrer á xustiza. Con todo, din que non o descartan.

Segundo indica o concelleiro, son varios os colectivos sociais, culturais e ANPAS que xa lle trasladaron a súa preocupación pola situación que está a atreva-lo Salón Peña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí