Os cambios no proxecto da piscina non retrasarán a súa apertura no verán

estudopiscinaportodoson100.jpgPORTO DO SON> As obras da piscina retomaranse unha vez concluído o novo estudo de replanteo, necesario pola proximidade dunha liña eléctrica.

{flowplayer}barbanza/estudopiscinaportodoson.flv{/flowplayer}

A necesidade de manter a distancia de seguridade cunha liña de alta tensión obrigará a desprazar uns metros os muros de contención da piscina municipal de Porto do Son.

Por esta razón, os técnicos traballan dende hai días na elaboración dun novo estudo da situación que estará rematado ó longo desta semana cando se prevé que se retomen os traballos. O alcalde explicou que estes cambios sobre o proxecto inicial non afectaran ós prazos para o remate da obra.

Museo do mar

Os responsables do executivo desprazáronse tamén as instalacións do futuro museo do mar que será unha realidade en abril. Proximamente, sairá a adxudicación o mobiliario e o equipamento co obxectivo de poder abrir ó público antes de que remate o verán.

A rehabilitación do futuro museo foi posible grazas a unha subvención do grupo de Acción Costeira de trescentos oitenta mil euros. a dotación de mobiliario conta cunha partida de aproximadamente douscentos mil euros.

Redacción Barbanza