Novas queixas dos praceiros, agora molestan os ventanais

    fotoprazacopia.jpgVILAGARCÍA> Os vendedores da nova Praza de Abastos amósanse insatisfeitos co resultado da obra realizada no edificio.

    {flowplayer}images/salnes/NovasQueixasPeixeirosVilagarcia.flv{/flowplayer}

    Os vendedores da nova Praza de Abastos de Vilagarcía amósanse insatisfeitos co resultado da obra realizada no edificio. Parte dos praceiros que teñen o seu posto neste mercado cren que o proxecto ten varias lagoas. Entre elas a falta de cortinas nas fiestras do teito ou a porta da entrada principal que non é automática.

    Exceso de luz, corredores demasiado estreitos e unha porta que custa demasiado abrir. Estas son as queixas dalgúns dos vendedores da nova praza de Abastos de Vilagarcía, fundamentalmente dos que ocupan a zona máis próxima á que se supón que é a entrada principal.

    O novo mercado fora inaugurado fai pouco máis de dúas semanas e pretendía mellorar o anterior edificio pero segundo algúns dos que traballan nel quedan aínda moitas cousas por mellorar.

    E é que aínda que o tema dos corredores xa non se pode solucionar, contan con que tanto ó da luz coma o da porta si teñan unha resposta. Piden para a entrada principal unha porta automática coma as dos laterais do edificio, posto que para as persoas maiores ou para os que levan carro é difícil acceder por esta.

    Así é que polo de agora mantéñense á espera de ter unha nova reunión coa concelleira de Mercados Rocío Llovo, para tratar de chegar a unha solución o antes posible.

    Redacción Salnés