Portos retira 5 toneladas de refugallos dos fondos de Tragove

    CAMBADOS> Portos de Galicia limpou os fondos da dársena do porto cambadés de Tragove. Cinco mergulladores equipados cunha cámara encargáronse de revisar os fondos mariños para detectar o lixo. A actuación está incluída na terceira fase de limpeza destes fondos, na que xa se retiraron 35 toneladas de refugallos dos dos peiraos pontevedreses de titularidade autonómica.

     

    Cinco mergulladores participaron este mércores nas tarefas de limpeza dos fondos mariños da dársena do porto de Tragove.

    A iniciativa correu a cargo de Portos de Galicia, no marco da terceira fase de limpeza dos fondos que xa se iniciou noutros peiraos pontevedreses de titularidade autonómica. En Cambados, o ente público agardaba retirar ao redor de 5 toneladas de refugallos.

    Rodas, aparellos ou carros da compra, son algúns elementos que xa retiraron dos fondos mariños dos portos pontevedreses. En total, recolléronse ao redor de 35 toneladas de refugallos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/jj_limpeza_tragove_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/jj_limpeza_tragove.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí