Cambados educa na igualdade e contra a violencia de xénero aos seus centros escolares

CAMBADOS> Cambados celebra un acto co instituto Ramón Cabanillas para poñer en valor a importancia da muller na sociedade e loitar contra a violencia de xénero. Os estudantes do centro asistiron á praza do concello onde leron un manifesto e recibiron diferentes materiais divulgativos en prol da igualdade e contra e o machismo. A actividade forma parte da programación de Cambados para o 8m que aínda rematará no mes de maio.

Poñer en valor o papel da muller na sociedade, reivindicar a igualdade e loitar contra a violencia de xénero e o machismo. Con estes obxectivos, o concello de Cambados continúa realizando actividades dentro da súa programación do 8m. Este mércores, un grupo de mozos e mozas da Eso do Cabanillas achegáronse ao concello para participar nunha nova actividade de concienciación e divulgación.

Ademais da entrega de materiais divulgativos, os nenos e nenas participaron na lectura do manifesto. Un escrito que reivindica a importancia da muller da sociedade e critica a explotación da muller en sectores como o pornográfico. Os escolares valoraron moi positivamente a realización da actividade e indicaron que nos seus centros aínda se observan actitudes machistas.

As nenas tamén recoñecen que estes comportamentos son criticados e que son moitos os que colaboran cos profesores para identificar aos culpables e que reciban o seu castigo. Aínda, dende o punto morado, sinalan que estes comportamentos demostran que aínda hai moito camiño que percorrer.

Cambados continuará coa súa programación do 8m ata o mes de abril, con actividades como a excursión de mulleres ou a festa da diversidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí