Amigos de Galicia e Cáritas detectan unha baixada nos seus usuarios

    SALNÉS> Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

     

    As organizacións sen ánimo de lucro como Cáritas ou a Fundación Amigos de Galicia están a detectar neste ano un descenso no número de usuarios que precisan da súa axuda para comer a diario. Aínda así, non baixan a garda, preocupan especialmente as persoas que ‘cronifican a súa situación’ e de cara ó Nadal ultiman xa as campañas solidarias.

     

     

    A Fundación Amigos de Galicia pasou de atender o ano pasado a 10.700 persoas, a ofrecer na actualidade servizo a unhas 9.300. Os datos dábaos a coñecer durante a visita que o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizaba por primeira vez ás súas instalacións. Esta baixada na demanda de atención social tamén se constata en Cáritas, outra das organizacións que ofrecen asistencia ós máis necesitados en Vilagarcía e comarca.

     

    Malia este descenso da demanda asistencial, os organismos non baixan a garda. Sobre todo no caso de familias con menores. Ás portas dunha das épocas do ano nas que máis fai falta a solidariedade, os organismos preparan as súas campañas de Nadal para que todo o mundo poida pasar unhas festas o máis desafogadas posible.

     

    Fernández asegura que si están a ver pequenas luces de que a crise vai quedando atrás e que hai xente que vai atopando traballo, pero aínda hai moitas persoas que precisan asistencia.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/axudaalimentos1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/13/AXUDA_ALIMENTOS.mp4{/flowplayer}