O PSOE creará o ‘concelleiro 22’ para dar voz ás demandas veciñais

    VILAGARCÍA> O partido socialista de Vilagarcía propón sumar un concelleiro máis á corporación, o número 22, que actúe como a voz do pobo. É unha das ideas que o equipo de Alberto Varela incluirá no seu programa electoral para conseguir solucionar o que segundo eles foi un dos problemas máis sangrantes que deixou o goberno de Tomás Fole: a falta de participación cidadá na vida política do municipio. Din os socialistas que é a queixa máis xeralizada entre os colectivos sociais de Vilagarcía: a nula ou mínima participación cidadá que o goberno de Tomás Fole premitiu durante a súa lexislatura. A mostra máis recente, o que aconteceu o luns no pleno, cando o bipartito vetou o debate dunha moción en apoio ás demandas dos afectados por Hepatite C. Para solucionalo, se chegan á alcaldía, o equipo de Alberto Varela introducirá ó ‘concelleiro 22’ nos plenos. A existencia deste ‘concelleiro 22’ non eliminará o punto das ordes do día que se reservan para rogos, preguntas e intervencións cidadás. Pero non será o único ámbito no que os cidadáns teñan voz. Os socialistas queren que os propios veciños interveñan no deseños dos presupostos, xa que segundo Varela, ninguén mellor que eles para saber cales son as necesidades de cada parroquia e as prioridades de investimento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/27/concelleiro22.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/27/VARELA_PROPOSTAS_PROGRAMATICAS.mp4{/flowplayer}