Sanxenxo remata a reforma da Casa de Cultura de Nantes, que empregarán sete colectivos veciñais

SANXENXO> O concello de Sanxenxo pon a Casa de Cultura de Nantes a disposición de sete colectivos veciñais do municipio. As instalacións foron reformadas recentemente cunha achega da Xunta de Galicia e fondos municipais. A obra estivo valorada en case 150.000 euros.

Sete colectivos veciñais de Sanxenxo aproveitarán as recentemente reformadas instalacións da Casa de Cultura de Nantes. A obra, financiada cunha achega da Xunta de Galicia e con fondos municipais, estivo valorada en case 150.000 euros.

O edificio, inaugurado en 1993, foi obxecto dunha fonda mellora. Así actuouse en materia de eficiencia enerxética, illamento e impermeabilidade, co cambio completo de fiestras e persianas. Tamén se instalou un novo sistema de climatización mediante bomba de calor aerotérmica e renovouse a pintura interior e exterior.

Tamén se renovou integramente o sistema de iluminación con tecnoloxía LED de baixo consumo, colocáronse luminarias de emerxencia máis eficientes e procedeuse á insonorización da sala da planta superior.

Ademais de Martín e Reguera, participaron na visita representantes dos sete colectivos veciñais e os concelleiros de mantemento e servizos e de servizos sociais e maiores, Yago Torres e Paz Lago.