Actívase o dispositivo de inverno ante a vaga de frío polar

    O SALNES> Seguro que xa notaron a chegada da fronte polar que se fará aínda máis intensa nas próximas horas. Non se agardan nevaradas…

    {flowplayer}images/salnes/entrada_vaga_frio.flv{/flowplayer} .

    .. nas Rías Baixas pero si temperaturas xélidas que deixarán xeadas e firmes esvaradíos, co que compre, amais de abrigarse a conciencia, extremar as precaucións á hora de desprazarse. Os distintos gobernos e dispositivos de emerxencia xa puxeron en marcha o plan especial de inverno. A maiores, o Ministerio de Fomento activou un dispositivo especial que se prolongará ata o vindeiro día 5. En virtude do mesmo, poñeranse en funcionamento preto dun milleiro de empuxes quitaneves, así como mais de 164.000 toneladas de fundentes para o xeo.

    Este plan de inverno contempla tamén actuacións especiais na rede de Aeroportos de Aena e no servicio de ferrocarrís de RENFE e ADIF. Na relación de alertas por forte vento no mar destaca a provincia da Coruña, onde en varios portos das Rías Baixas xa tiveron que deixar de faenar esta mañá.

    Os ceos estarán despexados, co que non se agardan nevaradas nas Rías Baixas, aínda que si unha notable baixada das temperaturas, intensas xeadas e vento do norte ou noroeste. Ante esta situación cabe estremar as precaucións persoais, tendo máis tino nos nosos desprazamentos, que deberemos facer sempre cunha boa previsión de combustible, para facer fronte a posibles incidentes.

    Redacción Salnés