O PP da Pobra responsabiliza ó goberno dos problemas que afronta o Club de Remo

A POBRA> O PP da Pobra responsabiliza ó goberno municipal da crise que atravesa o Club de Remo ante os requirimentos de pago de Portos polo uso das súas instalacións. Piden ó concello que inicie os trámites para regularizar a situación.

O populares da Pobra amosáronse moi críticos co goberno municipal responsabilizando directamente ó alcalde e á concelleira de Deportes dos problemas que está a afrontar o club de remo ante o impago das taxas polo usos das instalacións de Portos de Galicia.

Denuncian dende o PP que o goberno non solicitou a concesión do inmoble a pesar de que Portos lle informou dos trámites necesarios para poder facer uso das instalacións. É máis, a día de hoxe e tras falar con portos esta mesma semana, din que non existe aínda solicitude formal algunha.

Ante a incapacidade de xestión da que acusan ó goberno, os populares ofrecen a súa colaboración ó club para buscar unha solución que evite o o embargo das contas e permita á entidade seguir a traballar con normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí