UP Boiro concorrerá as próximas eleccións municipais baixo outras siglas

    BOIRO> O nome da formación política na que pasarán a integrarse será desvelado nos próximos días. O temor a que a reforma da lei electoral que pretende sacar adiante o PP conduza á súa desaparición coma partido, foi a principal razón que levou ós membros de Unión Popular de Boiro a iniciar unha serie de contactos con outras formacións, coas que comparten ideoloxía, e pasar a formar parte dun proxecto máis amplo a nivel non só local, senón tamén autonómico e estatal, e cuxo nome desvelarán a próxima semana O que esta claro e que as premisas seguirán sendo as mesmas, como sinala o propio Javier Chouza, a defensa dos intereses dos veciños deste municipio.