Tourís celebra en Punta Carreirón o Día Internacional dos Humedais

    visita_touris_illacopy.jpgILLA> O Delegado da Xunta aproveitou a visita para coñecelo resultado dos traballos de recuperación que se fixeron neste entorno natural.

    {flowplayer}images/salnes/HUMEDAIS_ILLA_TOURIS.flv{/flowplayer}

    Con motivo da celebración do Día Internacional dos Humedais, o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, trasladouse esta mañá ata a Illa para visitalo entorno de Punta Carreirón despois dos traballos de recuperación que alí se levaron a cabo. O proxecto foi financiado nun 70% con fondos FEDER.

    A instalación dun observatorio, dunha sinalización adecuada e o acondicionamento da lagoa e do entorno de Punta Carreirón foron os traballos que se levaron a cabo neste espazo natural, segundo o Delegado da Xunta en Pontevedra, un dos máis importantes do Complexo Umia-Ulla. Cores Tourís facía estas declaracións durante a súa visita á zona para coñecelo resultados destes traballos coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Humedais.

    Pola súa banda, o alcalde da Illa, Manuel Vázquez, resaltou o traballo que fixeron as xeracións pasadas para a conservación deste espazo xa que está permitindo, nestes momentos, gozar do seu atractivo.

    Finalmente, Cores Tourís anunciou que seguirán investindo neste tipo de actuacións. Unha delas será o acondicionamento de doce quilómetros de sendas peonís e do seu entorno en Cambados á que se destinarán douscentos setenta cinco mil euros.

    Redacción Salnés