Os anestesistas galegos debaterán sobre a dor no parto

    ptac_congreso_anestesia100.jpgCAMBADOS> Ata 150 anestesistas de toda Galicia participarán o sábado na reunión anual da Sociedade Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Dor.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_XORNADA_ANESTESISTAS.flv{/flowplayer}

    A xuntanza farase no auditorio da Xuventude, en Cambados, e nesta ocasión, os profesionais debaterán sobre a dor no parto. A organización corre, nesta ocasión a cargo do Servizo de Anestesia do Hospital do Salnés, dirixido polo doutor Alfonso Diz.

    Nesta xuntanza, os profesionais do Hospital do Salnés exporán a súa guía clínica do parto, que vén sendo un protocolo de actuación no que interviron xinecólogos, matronas e anestesistas. Tamén da analxesia epidural a baixas doses, da inxesta oral durante o parto e da asistencia pediátrica ó recén nacido. Nesta ocasión tamén contarán como convidada a unha anestesista do hospital 12 de Octubre de Madrid, que falará da presencia do pai na cesárea.

    Esta é a primeira vez que Cambados acolle este congreso. O alcalde destacou que para o tempo de ocio, os anestesistas participarán nunha visita guiada a unha adega e a unha cata de viño. Luís Aragunde defendeu este tipo de eventos como un bo escaparate para promover Cambados.

    Redacción Salnés