A adaptación de ‘Memorias dun neno labrego’ chega a Vilagarcía

    obra_candido_pazocopy.jpgVILAGARCÍA> Trátase dunha adaptación escénico-narrativa da obra literaria de Xosé Neira Vilas posta agora sobre o escenario por Cándido Pazó.

    {flowplayer}images/salnes/OBRA_CANDIDO_PAZO.flv{/flowplayer}

    ‘Memoria das Memorias dun neno labrego’, unha adaptación escénica da obra literaria do recoñecido escritor Xosé Neira Vilas, chega ó Auditorio de Vilagarcía da man do artista Cándido Pazó. A obra será posta en escena este sábado ás nove da noite no Auditorio de Vilagarcía.

    Trátase dunha adaptación escénico-narrativa da obra literaria do escritor Xosé Neira Vilas, posta, agora, sobre o escenario, por Cándido Pazó. Segundo o protagonista deste monólogo, que xa foi interpretado en diferentes puntos de España e o estranxeiro, a peza mestura humor e emotividade.

    Palabras ás que se uniu a edil de Cultura do concello de Vilagarcía, Ángeles Rodríguez quen ademais destacou tanto a calidade da obra coma do seu protagonista, Cándido Pazó. Dixo, é un espectáculo no que se recollen fragmentos do libro combinado con experiencias da nosa tradición oral.

    Os interesados xa poden mercar as entradas na páxina web de nova caixa galicia ou o propio día sábado día once en taquilla. O custe é de oito euros.

    Redacción Salnés