Chega a Festa do Momo 2017

    VILANOVA> Unha das celebracións do entroido máis multitudinarias de O Salnés está a volta da esquina. O Momo de Vilanova volverá un ano máis para divertir as máis de 20.000 persoas que se esperan na vila o vindeiro 5 de marzo as 17:00h da tarde. Pero mentres, esta mañá un pequeniño adianto do que suporá esta gran celebración. A Festa do Momo está a volta da esquina. Por iso este venres o tenente de alcalde de Vilanova, Xavier Tourís, presentou as principais novidades do Momo 2017 acompañado de diferentes “ilustres visitantes”. Pero para escoitalos aínda terán que esperar un cachiño, a lo menos ata que saiban, que o concello está a habilitar unhas 800 prazas máis de aparcamento para que ninguén se quede sen saber o que é esta festa. Unha nova que abriu a veda do humor… E agora si, o vindeiro 5 de marzo as cinco da tarde comezará a celebración. Unha celebración que este ano terá de padriño ao humorista Xosé Antonio Touriñán. Un compromiso que o propio “Touri” agradeceu, pero o que non poderá acudir por motivos de axenda. A pesar disto o cómico comprometeuse a volver a Vilanova antes de que remate o ano. Xacobo e Federico, ambos Pérez, si estarán nesta edición do Momo, e traerán consigo moitos sorrisos, explotando o que mellor saben; o humor. Unha festa na que o ano pasado desfilaron unhas 2000 persoas, e que este venres, unha semana antes xa hai inscritas unhas 1.800. E despois da queima do Momo, e do desfile de comparsas, e de pasalo ben, moi ben, a festa non remata, senón que continua cos ritmos da orquestra D ´Aché. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/ptac_festa_momo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/ptac_festa_momo.mp4{/flowplayer}