Pais de Rianxo protestan polo novo regulamento das escolas infantís

    mobilizaciongalescolarianxo.jpgRIANXO> Denuncian que ademais do peche das garderías durante o mes de agosto, a normativa contempla a suba das taxas e o seu pago anticipado.

    {flowplayer}barbanza/mobilizaciongalescolarianxo.flv{/flowplayer}

    As protestas pola aprobación do novo regulamento, publicado en outubro do pasado ano, xa se iniciaran daquela coa recollida de sinaturas e a solicitude dunha reunión cos responsables do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Ante a falla de resposta, os pais decidiron convocar esta protesta ás portas do centro para dar a coñecer o seu problema á sociedade e tamén ós usuarios das restantes garderías públicas que se atopan na mesma situación. A principal denuncia refírese ó peche das escolas en agosto pero hai outros moitos aspectos que, consideran, prexudicarán ás familias.

    Os pais seguen a reclamar que un representante do consorcio os reciba para aclararlles os termos en que se realizarán o peche das escolas e as garantías de que o curso se retome con normalidade despois dun mes sen actividade.

    Agradecementos ó persoal

    Dende a asociación de pais quixeron facer público tamén o seu agradecemento ós mestres e demais persoal do centro polo gran labor que realizan a pesar dos escasos recursos con que contan.

    Redacción Barbanza