Xosé R. Romero: ‘A FEB precisa dun relanzamento’

    candidatofeb.jpgBARBANZA> A súa candidatura é a única presentada ata o de agora para asumir a presidencia da FEB tras a renuncia de Gladys Bermúdez.

    {flowplayer}barbanza/candidatofeb.flv{/flowplayer}

    O vindeiro xoves ás nove da noite vai celebrarse unha asemblea da Federación de Empresarios do Barbanza na que se elixirá ó novo presidente da entidade para os vindeiros dous anos. Polo de agora, e á falta de apenas cinco días para o peche do prazo de presentación de candidaturas, tan só hai unha presentada, a encabezada por Xosé Ramón Romero, socio da Asociación Boiresa de Empresarios. Este empresario boirés, de 37 anos, pertencente ó sector das autoescolas, decidiu presentar a súa candidatura á presidencia da FEB, por unha razón fundamental, a falla de aspirantes a presidir a patronal comarcal.

    Relanzamento FEB

    O propio Xosé Ramón Romero sinala que a entidade necesita máis que nunca o seu relanzamento, xa que na actualidade non ten a representatividade que tivo no pasado ó aglutinar a unhas doce asociacións empresariais que representan a unhas dúas mil empresas e que abarca a unha poboación de aproximadamente 200 mil habitantes.

    Apoios

    O empresario boirés conta xa co respaldo da Asociación Boiresa de Empresarios, e agarda obter o apoio tamén da maioría das asociacións de empresarios da comarca, ás que lle presentará nos vindeiros días o seu programa de xeito individual, para así converterse no novo presidente da FEB.

    Redacción Barbanza