O Cortegada visita mañá a un Ensino en horas baixas

VILAGARCÍA> As vilagarciáns viaxan ata Lugo para enfrontarse ó Ensino a partires das 21:00, no único partido da xornada adiantado ó venres. As de Pepe Vázquez defenden liderato ante un dos poucos equipos que lle puido gañar esta temporada.

{flowplayer}images/salnes/cortegada_090212.flv{/flowplayer} 

Oito victorias consecutivas ou o que é mellor, aínda non saben o que é perder fóra da casa este ano. Datos por suposto que convidan ó optimismo no Cortegada, se ben son sabedores que este venres enfróntanse a un dos equipos máis fortes do campionato, o Ensino de Lugo.

Se hai un momento bo para visitar ó Ensino é este. Ademais do bo estado polo que atravesa o Cortegada, o rival pasa pola peor situación da temporada. Caeu en catro dos últimos cinco partidos ante Arxil, Ferrol, Bembire e Pabellón e entre medias so puido gañar ó débil Universidad de Valladolid. Esta mala xeira fíxolle abandonar a parte alta da táboa e caer á séptima praza da xeral. Iso si, as lucenses son xunto ó Universitario de Ferrol os únicos dous equipos que foron quen de vencer en liga ás vilagarciáns. E iso foi grazas en parte ó bo raballo das súas tres xogadoras máis importantes: Uthaya Drye, Regina Gómez e Mireia Navarrete. Entre as tres levan o peso do equipo, promediando 50 puntos por partido.

No bando local, Pepe Vázquez quere correxir o gran problema das últimas xornadas, as perdas de balón. Foron 30 ante o Aguere, un número que de repetirse en Lugo condenaría ó Cortegada a unha derrota segura. Enfronte terán ademais á mellor ladrona da competición, Regina Gómez, que promedia case 4 roubos por encontro.

A falta dos últimos adestramentos e sen lesionadas de importancia, o Cortegada podería viaxar ó completo ata Lugo.

Redacción Salnés