![]()
SANXENXO> Non é a primeira das demandas que presentan por feitos similares. Agora, agardan que a xustiza resolve o caso.
{flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_CASA_SEAR.flv{/flowplayer}
Os propietarios da casa de Turismo Rural ‘Casa do Sear’, situada no concello de Sanxenxo, veñen de denunciar presuntas difamacións e publicidade enganosa do seu establecemento a través de Internet. Pero esta non é a primeira das demandas que presentan por feitos similares.
No 2001 foi inaugurada esta casa de Turismo Rural.Todo foi ben ata que ó ano seguinte o membros da Familia Real se aloxaron neste establecemento hoteleiro. De primeiras unha boa nova pero, segundo os seus propietarios, a partir desta primeira visita comezan a ser vítimas de presuntos pinchazos telefónicos e desvíos de chamadas. Acosos, explicounos Loli Miniño, padeceron ata o 2006 cando presentaron a primeira denuncia.
Desde o 2006 os presuntos pinchazos telefónicos fóronse disipando pero aínda están á espera de que se resolva a denuncia no xulgado. Por se fose pouco, agora a pasada fin de semana descubriron presunta publicidade enganosa en portais de internet sobre o seu establecemento. Feitos que levou ós propietarios de ‘Casa do Sear’ a dar a coñecer o acontecido e a presentar unha segunda denuncia ante o Cuartel da Garda Civil de Sanxenxo.
Con todo, estes empresarios descoñecen quenes poden ser os causantes destas difamacións e calumnias. Aínda así, sospeitan que están relacionados co mundo da política.
Agora, agardan que a xustiza resolve o caso senón, confesou a súa propietaria, terán que botalo peche.
Redacción Salnés








