Cambados Zona Centro grava un spot que dará que falar

    spot_100_260107.jpgCAMBADOS > Os tres graos de temperatura que segundo Meteogalicia había está mañá en Cambados non foron impedimento para que os protagonistas do spot…

    da campaña publicitaria que Cambados Zona Centro está levando a cabo se puidera gravar hoxe. Calquera podería pensar que non é para tanto se non lles contamos que os actores tiveron que gravar planos como Deus os trouxo ó mundo.

    A cara de felicidade da actriz que protagoniza o spot publicitario de Cambados Zona Centro e que nun par de semanas aproximadamente emitirá TeleSalnés Barbanza, que non os induza a un erro. Tanto ela coma o seu compañeiro tiveron que espirse e pasear sen roupa por varias rúas de Cambados esta mañá a pesares do frío que facía.

    A asociación de Comerciantes Zona Centro buscaba unha campaña chamativa e, alomenos esta mañá, ante as escenas nas que saían espidos ninguén quedaba indiferente. A rodaxe prolongouse durante todo o día e nela traballaron unhas 15 persoas nunha tarefa minuciosa. Para ver o resultado final… con espidos integrais terán que agardar aínda un par de semanas. Non se despisten.

    Redacción Salnés