Cambados mellora a accesibilidade na rúa de San Francisco

CAMBADOS> Xa está en marcha en Cambados a segunda fase das obras da rúa San Francisco, na contorna da igrexa parroquial. A intervención céntrase na mellora da beirarrúa e na canalización de augas pluviais. A actuación supón unha notable mellora estética da zona, gañando accesibilidade.

A segunda fase das obras da rúa de San Francisco, en Cambados, xa está en marcha. Inclúe a renovación de beirrarúas e de canalizacións de pluviais.

Esta é a segunda fase do proxecto, logo dunha primeira parte que afectou á marxe que transcorre contra a igrexa parroquial. O alcalde en funcións explica que con esta intervencións gáñase en accesibilidade e estética.

Esta segunda fase ten un orzamento de 32.000 euros, cun prazo de execución de tres semanas.