A reforma laboral non gusta ós cidadáns de a pé

    CAMBADOS> Esta tan temida reforma laboral é ate o de agora descoñecida pola poboación de a pé das Rías Baixas. Con todo, …

    {flowplayer}images/salnes/reaccions_reforma_laboral_rua.flv{/flowplayer}

    …os que xa coñecen os cambios máis significativos non están dacordo con eles. A medida máis rexeitada na rúa é o abaratamento do despido: pensan que facilitar que o empresario vote ós traballadores non vai a facer máis que precarizar aínda máis o emprego.

    Outra das medias, a de controlar as baixas laborais máis intensamente polas mutuas sen embargo si que está ben vista por traballadores autonómos e empresarios que ven como os que recorren as falsas baixas despois traballan en negro, supoñendo para eles unha competencia desleal.

    Entre os empresarios e autonómos a cousa xa varía; por unha banda os empresarios agradecen estas medidas e os traballadores por conta propia sen asalariados creen que de novo se volveron a esquecer deles.

    No que si coinciden uns e outros é en que os funcionarios non poden seguir sendo os máis privilexiados polo que valoran positivamente os enunciados do Presidente da Xunta de hoxe nos que se prantexa ou ben tocar a xornada laboral deste amplo colectivo ou ben modificar soldos.

    Redacción Salnés