A vendima adiántase para a elaboración dos viños escumosos

SALNÉS> As adegas adiantan as vendimas para facer viños escumosos. Para esta especialidade os viticultores buscan o balance entre o grao e a acidez da uva. O luns dará comezo a vendima dos viños tradicionais.

O viño de denominación de orixe Rías Baixas non deixa de crecer cada ano. As vendas supéranse cada tempada e isto deu lugar á creación das súas variedades. Unha delas son os viños escumosos. Unha especialidade que necesita adiantar a vendima para que a uva estea menos madura.

Para os viños escumosos é necesario que a uva estea menos madura porque a continuación terán unha segunda fase de fermentación na adega.

O tempo destas datas permite que a evolución do grao de azucres sexa boa e acidez sexa alta. Esta información obtense a través de tres estudos: as analíticas semanais, a foto por teledetección na fase do envero e a previsión meteorolóxica. Con estes datos os viticultores determinan que viñedos dedican a escumosos e cales ao viño tradicional. A vendima dos tradicionais comezará o luns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí