Nova polémica sexista en Cambados:ir de copas en roupa interior

    CAMBADOS> Trala polémica xerada en Cambados a semana pasada sobre a idoneidade do concurso de piropos organizado pola Asociación…

    {flowplayer}images/salnes/festa_b_sensual_cambados.flv{/flowplayer}

    …Comercial Cambados Zona Centro, hoxe o mesmo bloqueiro que cualificaba a iniciativa anterior de misóxina e machista, gaba unha iniciativa empresarial dun pub local de que os camareiros e camareiras sirvan copas vestidos só con roupa interior. Amais premiarase a aqueles clientes que queden en panos menores.

    Ante esta aparente contradicción moral, Charlin asegura que a diferencia reside en que unha é unha iniciativa apoiada polo Concello, e nesta o capital é privado.

    De novo preguntamos á cidadanía sobre esta polémica acción privada: hai opinións para tódolos públicos pero os mais non asistirían en roupa interior.

    Redacción Salnés