Unha avoa de Vilagarcía reclama a custodia da súa neta

    avoacustodia_100.jpgVILAGARCÍA > Esta veciña de Vilagarcía, Carmen Fernández Rodríguez, está movendo ceo e terra para dar ca súa filla e ca súa neta.

    Carmen coidaba a súa neta desde o mes de maio, cando un xuíz lle concedera a custodia da súa neta de tres anos de idade por encontrarse a súa filla baixo internamente psiquiátrico. Cando lle deron a alta a súa filla Patricia, ela coidou das dúas, da súa filla e da súa neta, nesta vivenda sita no lugar da Torre, O Porto.

    Fai dous meses Patricia volveu a irse da casa para vivir a vida, segundo as súas explicacións e a semana pasada volveu a pola pequena sen avisar de que a levaba con ela. Esta semana, Carmen recibiu unha notificación do xulgado na que lle informaban que logo deste tempo, a súa filla recuperara a garda e custodia da nena, porén ela cre que a súa filla, aínda non está en condicións para coidala.

    Carmen recorreu a tódolos sitios cantos podía para recuperar a cativa, posto que está convencida de que a nai non a coida ben; xa que fai cousas propias dunha persoa enferma, como espertar á nena á alborada para sacala a pasear, ou alterar o seu ritmo de comidas e de hábitos da pequena; ou tela inmobilizada longo tempo para que non moleste. Por iso, pide a súa filla que lle retorne a pequena ou polo menos que chame para dicir onde se atopan e si están ben.

    Pero esta non é a primeira vez que esta avoa ve como a súa filla enferma se leva a pequena Rita. Da vez pasada, tivo que poñer un detective privado para dar co seu paradoiro, e logo, foi cando se ingresou a súa filla nun centro especializado. Agora, un ano máis tarde, Carmen síntese impotente ante a lentitude da xustiza, posto que pensa que a neta está a sufrir de novo a incapacidade da súa nai, sen poderse defender.

    Redacción Salnés.