Galiza Nova esixe a convocatoria das axudas ó transporte escolar

    POBRA> Galiza Nova do Barbanza reclama ó goberno da Pobra a convocatoria das axudas ó transporte escolar. Denuncian que o executivo leva dous anos sen habilitar estas subvencións dirixidas ós alumnos universitarios e de formación profesional. Galiza Nova iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para esixir ó goberno da Pobra que convoque unha liña de axudas para o transporte escolar. A organización xuvenil considera moi necesario que os mozos que cursan estudos noutras cidades conten con bonificacións para o desprazamento, tal e como acontece noutros concellos da comarca. Os nacionalistas indican que a situación non é nova xa que as axudas tampouco se convocaron o pasado ano. Para eles, é outra clara demostración do desleixo e falla de interese do goberno local.