VILANOVA> A Fundación Valle-Inclán xa forma parte da xunta directiva de Acamfe, a asociación que engloba as Casas-Museo e Fundacións de escritores de toda España e Portugal. Unha responsabilidade que, para a fundación do escritor vilanovés, significa seguir proxectando a entidade e o seu patrimonio cultural cara o exterior.
Dende os anos 90, Acamfe agrupa fundacións de escritores como Carlos Casares, Rosalía de Castro, Azorín, Blasco Ibáñez, Ramón Cabanillas ou Cervantes. Dende hai uns días, a vilanovesa Fundación Valle-Inclán forma parte da xunta directiva desta asociación, composta por máis de 50 entidades.
Ángela Garra, a representante valleinclaniana, ocupa a secretaría da xunta directiva de Acamfe; asociación que busca coller novo pulo para impulsar varias actividades.
Durán fixo este anuncio na presentación da iniciativa “Teatro total”. Trátase dun variado programa de actividades plantexado como un intercambio didáctico e cultural, no que participarán colectivos de Vilanova, Vilagarcía e Cambados.
As actuacións celebraranse nas fins de semana do mes de novembro na Casa do Pescador, en Vilanova. Todos os espectáculos son de balde.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/fundacion_valle_inclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/fundacion_valle_inclan.mp4{/flowplayer}