VILAGARCIA> Vilagarcía viviu onte o día grande de Santa Rita. Milleiros de persoas inundaron a cidade nunha xornada festiva, coa procesión como o evento máis multitudinario do día.
Tamén tivo unha afluencia masiva a Feira Celta, instalada no parque da Xunqueira, que viviu tamén un dos seus mellores días. Ademais, tamén ducias e ducias de pesoas na contorna de Vista alegre, onda os postos de rosquillas, churros ou o toldo do polbo e o churrasco.
Hoxe celébrase o día do neno, coas atraccións da zona TIR como principal reclamo. Nesta xornada os carruseis ofreron un prezo reducido.











