CAMBADOS> Na recepción oficial, que se celebrou esta tarde, estivo presente, entre outros, o Arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
{flowplayer}images/salnes/RELIQUIAS_BOSCO_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
Ó redor das cinco e media da tarde facía a súa entrada na Praza de Fefiñáns de Cambados a furna das Reliquias de San Xoán Bosco, fundador da Congregación Salesiana. Unhas duascentas persoas entre veciños e autoridades, non quixeron perderse esta parada da réplica da imaxe do Santo no seu periplo polo mundo que comezou no 2009 e que rematará no 2015 coincidindo co bicentenario do seu nacemento.
A recepción estivo presidida, ademais, polo párroco de Cambados, José Aldao, e polo alcalde do municipio, Luis Aragunde. Ambos agradeceron a visita das reliquias de Don Bosco e puxeron de relevo o traballo que no municipio está a facer a Congregación Salesiana.
No acto tamén estivo presente o Inspector Salesiano Provincial, José Pacheco, e o Arcebispo de Santiago, Julián Barrio, encargado de pechalas intervencións. Ambos centraron o seu discurso en salientar a labor que, na súa época, fixo Don Bosco. Un bo exemplo, aseguraron, a seguir hoxe en día.
Tralo acto oficial, as reliquias foron trasladadas á igrexa parroquial de Santa Mariña Dozo para o seu traslado posterior ó Colexio Salesiano.
Redacción Salnés