Espinosa preséntase candidata á Secretaría Xeral do PSdeG

    O SALNES> O vindeiro domingo o PSdeG-PSOE escollerá en Santiago ó seu Secretario Xeral. Sobre a mesa hai dous candidatos, …

    {flowplayer}images/salnes/elena_espinosa_060312.flv{/flowplayer}

    …o actual secretario Manuel “Patxi” Vázquez e a ex-Ministra Elena Espinosa. Falamos ca candidata ourensá para coñecer máis detalles sobre este paso adiante que ven de dar. Asegura que a súa candidatura está a ser acollida con moita alusión posto que o seu é un gran proxecto que axudará ó PSOE galego a converterse nunha alternativa seria ó actual goberno autonómico nas próximas eleccións.

    Espinosa asegura que a cita do domingo é fundamental para os socialistas que deberán sentar as bases do PSdeG co que se queren presentar ante a próxima cita cas urnas. A socialista asegura estar disposta a ampliar esta candidatura de agora á Secretaría Xeral do Partido en Galicia ata postularse como futura candidata socialista á Xunta de Galicia, de contar co apoio necesario dos seus compañeiros.

    A exministra evita falar do seu contrincante nestes comicios internos.Asegura que o que a levou a presentarse foi a petición de varios compañeiros de partido, amais do convencemento propio. Elena Espinosa será unha das convidadas do programa de entrevistas Pleno Aberto que emitirá esta canle un pouco antes das 10.30 da noite, tras este informativo.

    Redacción Salnés