O CEIP Enrique Barreiro, contrario aos recortes para o vindeiro curso

    CAMBADOS> A Consellería de Educación continúa axustando a oferta nos colexios do Salnés de cara o curso que vén. Coa fronte do Piñeiriño aínda aberta, o goberno autonómico trasladou á comunidade educativa do Colexio Enrique Barreiro, de Cambados, a súa intención de suprimir unha unidade de infantil. Segundo Educación, entenderon as súas razóns. Algo que desminten dende o centro.

     

    A comunidade educativa do Colexio Enrique Barreiro, de Cambados, coñeceu onte os plans da Consellería de Educación para o vindeiro ano. Os axustes pasan pola supresión dunha unidade educativa para o vindeiro curso. 

    Dende a Xunta, apuntan que aínda que se suprime esta unidade, manterán dous profesores para 4º, 5º e 6º de infantil. E é que nestes tres niveis educativos contaranse con 19 alumnos no vindeiro curso.

    As versións do goberno autonómico e do centro son ben diferentes. Mentres que a Xunta asegura que a comunidade educativa entendeu as súas razóns, pais e profesores o negan.

    O xefe territorial tamén lles trasladou a intención de manter a Escola Unitaria de Coba de Lobos con só nove alumnos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/14/recortes_ceip_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/14/recortes_ceip_cambados.mp4{/flowplayer}