Alberto Meira e Iván Ares máximos favoritos para o XXXII Rali de Noia

NOIA> A proba, organizada pola escudería Berberecho, terá lugar a fin de semana do oito ó dez de abril. Trátase dunha das competicións do motor máis senlleiras de Galicia. Este ano chega a súa triséximo segunda edición. A proba presentada na noite de onte por todo o alto no concello noiés será a segunda cita do calendario galego, despois do rali do Cocido celebrada en Lalín. Na competición hai inscritos un total de 134 pilotos, con especial presenza de corredores da comarca, que competirán en diferentes categorías para facerse coa vitoria, entre os que se atopan os máis destacados a nivel autonómico. Cun percorrido total de 262 quilómetros o rali apenas sufre cambios significativos con respecto a anos anteriores con catro tramos a dobre pasada. Para poder organizar un evento destas características, a escudería Berberecho conta co patrocinio de numerosas firmas comerciais, e a colaboración especial dos concellos de Noia e Lousame, municipios polos que discorre a practica totalidade do trazado. A organización homenaxerá nesta edición ó piloto Luís Penide, cando se cumpren vinte anos do seu debut no mundo do motor. A entrega de premios ós gañadores de cada categoría terá lugar o domingo dez de abril ó redor das doce e media da noite no Coliseo Noela.