A Garda Civil investiga a brutal agresión a un mozo da Illa de Arousa

A ILLA> A Garda Civil investiga unha brutal malleira a un mozo da Illa de Arousa. Ocorreu na contorna do club náutico da localidade. A vítima, duns 30 anos, está ingresado na UCI do Hospital Montecelo de Pontevedra. Sofre múltiples lesións.

O mozo, duns 30 anos, continúa ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra. Ten un fémur roto, fracturas na pelve, nun brazo e nas costelas e múltiples contusións. A brutal malleira tivo lugar na contorna do edificio náutico do Bao, onde foi localizado onte pola mañá. O alcalde da Illa, consternado, condena o acontecido.

Agora, é a Garda Civil a que investiga o ocorrido. Aínda que hai varias hipóteses abertas, todo apunta a que foi  vítima dunha agresión.

O alcalde indica que os veciños están consternados ante estes feitos. Salienta, ademais, o carácter afable da vítima, coñecido por todos no municipio insular.

O mozo está en estado grave, aínda que fóra de perigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí