Os Bombeiros do Salnés cobrarán nuns días

    O SALNES> Os Bombeiros dos parques do Salnés, en Ribadumia e Vilagarcía poderían ter que esperar entre unha e dúas semanas…

    {flowplayer}images/salnes/bombeiros_celtaprix.flv{/flowplayer}

    … para cobrar a súa nómina do mes pasado. A entrada da empresa concesionaria do servicio, Celtaprix, en concurso de acreedores cambia o panorama legal e fai máis difícil axilizar os pagos. Desde a nova Xerencia Provincial dos Bombeiros da Provincia de Pontevedra esta situación é insólita porque eles están a pagar puntualmente este servicio.

    O que pasa é que Celtaprix presta moitos outros servicios que non está a cobrar, de aí a súa situación legal arestora en mans dos administradores concursais. Deputación de Pontevedra e Xerencia dos Bombeiros abordaron hoxe esta situación delicada e difícil de explicar: intentarán, dentro da legalidade, presionar á empresa para que os cartos que eles paguen polo mes de xaneiro estea destinado ós pagos das nóminas dos bombeiros, e non a outros sectores da empresa.

    Polo de agora están a atender en persoa as inquietudes dos traballadores e, ó tempo, buscando solucións legais a este entorto. Estas novidades chegan xusto hoxe cando o Consello da Xunta ven de adelgazar a administración paralela. Esta mañá aprobouse a reformulación de 72 entes, entre eles o Consorcio de Bombeiros do Salnés que xa desde mediados do mes pasado está de feito a funcionar baixo a xerencia provincial.

    Redacción Salnés