A Xunta toma o control da residencia DomusVi de Ribadumia

RIBADUMIA> A Xunta intervén a residencia de DomusVi de Ribadumia ante o gromo de coronavirus detectado no centro. Un equipo do SERGAS asumiu este mediodía a súa xestión médica co obxectivo, di o goberno galego, de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde, tanto dos residentes como dos traballadores. Os familiares demandan máis información por parte da dirección do centro.

A Xunta toma o control na residencia DomusVi de Ribadumia. Cun gromo de coronavirus que afecta a 20 residentes e 5 traballadores, o executivo galego anunciaba este mediodía a intervención do centro para, segundo di, reforza-lo seu persoal, garanti-la calidade asistencial e a correcta protección da saúde dos usuarios e traballadores.

Un equipo do SERGAS xa se fixo cargo da xestión médica do xeriátrico, no que residen 138 usuarios.

A situación da residencia preocupa ós familiares. Canal Rías Baixas conversou hoxe coa filla dunha residente. Lamenta ter que coñecer pola prensa a situación da residencia, polo que demanda á dirección do centro máis información.

Montse lamenta tamén a situación na que se atopan os residentes que deron negativo, que tamén permanecen illados. Di que é unha situación moi dura para eles e as súas familias.

Os familiares recibían a última de onte un comunicado da dirección da residencia no que se fai un chamamento á tranquilidade. Nel indícase tamén que o centro conta con “tódolos medios materiais que esixe a situación”.

Aproveita para reclamar un reforzo urxente do cadro de persoal. A residencia DomusVi de Ribadumia conta na actualidade con 73 traballadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí