Vilagarcía investirá 230 mil euros na modernización da praza de abastos de Vilaxoán

VILAXOAN> Un proxecto moi ambicioso e dinamizador. Así presenta o concello de Vilagarcía a renovación da praza de abastos de Vilaxoán. A obra contará cun orzamento de 230 mil euros e actuará tanto no interior como no exterior da instalación. As praceiras contarán con postos máis amplos, cómodos e accesibles para os clientes.

O concello de Vilagarcía dará resposta a unha vella demanda de Vilaxoán, e especilamente das praceiras, a renovación do mercado de Abastos. O goberno local presenta un proxecto que transformará por completo a instalación.

A actuación levarase a cabo tanto no interior como no exterior da instalación. Os postos serán máis amplos e cómodos e mellorarase a accesibilidade da praza. Tamén terá un espazo reservado para realizar eventos que dinamicen o mercado.

As melloras fixéronse tendo en conta as necesidades das praceiras. A zona exterior tamén será renovada.

A obra inda está pendente de saír a licitación. Dende o concello agardan que se faga coa mellor brevidade posible e que tanto as praceiras como Vilaxoán poidan gozar do mercado renovado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí