‘Os recortes afectarán á calidade asistencial do Hospital’

    funcionarios_recortes100.jpgVILAGARCÍA> Os empregados públicos da Xunta protestaron hoxe contra os recortes que pretende aplicar o Goberno autonómico.

    {flowplayer}images/salnes/funcionarios_recortes_xunta.flv{/flowplayer}

    En Vilagarcía concentráronse os traballadores do Intecmar e tamén os do Hospital do Salnés. E, no medio destas protestas, o Consello da Xunta aprobaba o anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público, que recolle eses recortes. Os catro sindicatos, CIG, UXT, CSIF e Comisións Obreiras interpretan que son un ataque brutal e inxustificado ó emprego público.

    No caso do Hospital do Salnés, estas medidas, sobre todo os recortes que sufrirán os traballadores eventuais, vai afectar a boa parte da plantilla do Sergas. Desde a Xunta de Persoal do Hospital do Salnés aseguran que as medidas que aplicará o Goberno galego tamén repercutirá de xeito negativo nos pacientes.

    O Goberno galego quere remitir canto antes este documento ó Parlamento e comezar a aplicalo no mes de marzo. A Xunta considera que aforrará 80 millóns de euros con estas medidas.

    Redacción Salnés