O presidente da Xunta adianta que a ampliación do Hospital do Salnés estará rematada a finais de 2016

    Numerosas autoridades, encabezadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, visitaron as obras de ampliación do Hospital do Salnés. O titular do executivo galego adiantou que os traballos estarán finalizados a finais do vindeiro ano.

     

    O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, acompañado pola conselleira de Sanidade e por distintos alcaldes da comarca, visitaron o Hospital do Salnés. Loubaron os traballos de ampliación que se van acometer co centro hospitalario, que lle permitirán mellorar a atención cirúrxica, poscirúrxica e tamén o servizo de urxencia.

    A intención é que as obras rematen nalgo máis dun ano.

     

    O presidente da Xunta aproveitou o acto para resaltar o esforzo do Goberno galego en acadar unha maior calidade asistencial. Neste senso, salientou que desde 2009 a Xunta leva investidos dous millóns e medio e euros na mellora do Hospital do Salnés. Pero as súas verbas non convenceron a todos, e ás portas do complexo, varias ducias de persoas manifestáronse reclamando unha Sanidade pública e gratuíta.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/19/hospisalnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/19/feijoosalnes.mp4{/flowplayer}