Os nenos do CEIP de Vilaxoán aprenden sobre a igualdade escoitando profesionais

    VILAGARCÍA> O 8 de marzo tamén se deixou notar no colexio de Vilaxoán. O centro e a ANPA organizaron para todos os alumnos unha xornada para demostrar que as mulleres poden desempeñar calquer traballo. Tamén os relacionados coas ciencias. Cirurxiás, enólogas, químicas ou biólogas. Que as mulleres poden desempeñar calquera tipo de traballo, quedou hoxe claro para os alumnos do colexio de Vilaxoán. Como cada ano, colexio e ANPA conmemoraron o Día Internacional da Muller. Ao longo da mañá, os pequenos escoitaron ás catro convidadas, todas elas mulleres con profesións ligadas ao mundo das ciencias. Covadonga Salgado, directora do Intecmar, Nuria de la Torre, enóloga na adega Paco y Lola, Sandra Barca, bióloga no encoro de Castroagudín ou Sara González, cirurxiá no Hospital da Coruña, explicaron as súas experiencias ao auditorio. Hoxe tivo especial importancia, pero a igualdade é unha idea transversal nas actividades que impulsan colexio e ANPA. Un camiño no que aínda queda moito que percorrer, pero no que os nenos e nenas marcarán o futuro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/actividades_nenos_vilaxoan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/08/actividades_nenos_vilaxoan.mp4{/flowplayer}