A Xunta insiste en recorrer a paralización das obras da autovía en Sanxenxo

    dulcinea_100.jpgSANXENXO > A decisión da Alcaldesa, Catalina González, de paralizar á forza ás obras de execución da autovía do Salnés está causando malestar,…

    ,… non só no seo do organismo da Consellería de Política Territorial, senón tamén dentro das distintas forzas políticas do Concello.

    Como saben, a alcaldesa ordenou ás forzas de seguridade municipal que interceptarán a execución das obras nunha franxa de vintetrés mil metros, outrora propiedade de Sanxenxo, e actualmente xa expropiados. O motivo, como saben, é facer presión ante o goberno autonómico para pedir que realicen e financien un enlace que comunique a futura autovía ca estrada PO 308, á altura do polígono industrial de Nantes.

    Estes feitos están provocando unha fonda polémica dentro e fóra deste Concello da comarca do Salnés. Neste punto, a equipa socialista de Sanxenxo quixo lembrar que o actual goberno autonómico só está a executar unha obra que permite o PXOM deseñado durante o mandato do popular Telmo Martín; baixo un proxecto aprobado durante o goberno da equipa popular do goberno autonómico.

    Os socialistas, tanto na Xunta como en Sanxenxo, están sorprendidos ca actitude de imposición da Alcaldesa, allea por completo ó diálogo. Pero o que mais molesta os socialistas locais é que unha actuación, que definiron como caprichosa da alcaldesa, se estea a impoñer por encima do ben e interese común da cidadanía da comarca e de toda Galicia; o que significa na práctica o atraso efectivo das obras.

    Logo de que esta mañá se volvesen a repetir as paralizacións das obras por parte dos axentes da orde municipal, os membros do PSOE de Sanxenxo volveron a avergoñarse da imaxe que se está proxectando en toda Galicia dos veciños de Sanxenxo. Por outra banda, e segundo se ven de publicar, a alcaldesa púxose a disposición da CPTOPT a través dun oficio remitido o pasado venres ó director xeral de obras públicas para chegar a un acordo que permita construír un acceso.

    Pola contra, a equipa xurídica da Consellería de Política Territorial está rematando de elaborar un interdicto ante o xulgado do contencioso administrativo de Pontevedra, en contra da antedita actuación da alcaldesa. Paradóxicamente despois de todo, a rexedora local reiterou a súa proposta de diálogo e lamentou que se haxa que recorrer á vía xudicial para defendelos intereses da veciñanza.

    Redacción Salnés.