Clesa xa está en mans de Feiraco

    IOGURES copia.jpg CALDAS> O auto do xuíz Francisco Javier Vaquer autoriza a venda directa da planta á Agrupación Cooperativa Láctea, entidade liderada por Feiraco.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_CLESA_CALDAS_170212.flv{/flowplayer}

    A satisfacción pola nova era evidente esta mañá en Caldas, non houbo máis que ver a o fervoroso saúdo que a delegada do comité de empresa, Dolores Ramos, lle daba ó conselleiro de Industria, Javier Guerra á súa chegada á planta. E é que hoxe se dou por finalizada unha loita na que levan inmersos moitos meses e na que en varias ocasións temeron polo peche da empresa. Agora, queda en mans galegas, sempre que no prazo de dez días non apareza unha nova oferta que mellore a de Feiraco e se proceda a unha subhasta.

    Outro dos aspectos que preocupaba en Clesa era a posible derivación de responsabilidades dos anteriores xestores nos novos propietarios. O xuíz descártao, indicando no auto que tanto salarios como indemnizacións laborais pendentes serán asumidos polo Fogasa.

    O auto por tanto autoriza a venda directa a Agrupación Cooperativa Láctea, grupo liderado por Feiraco, de terreo, planta, naves, instalacións, maquinaria e outros enseres ademais da marca Clesa.

    Ledos, pero cautelosos

    {flowplayer}images/salnes/TRABALLADORES_CLESA_CALDAS_170212.flv{/flowplayer}

    Os antigos traballadores tamén estaban hoxe na planta e recibían o auto contentos, aínda que con cautela. A espera foi longa.

    Segundo se transcribe no auto, Alcolat abonarán 2,45 millóns de euros ó contado pola compra, procedentes de fondos propios, e completarán o prezo da oferta cun empréstito participativo de XesGalicia e entidades financeiras.

    Redacción Salnés