As intensas chuvias provocan a morte de berberecho en Carril

    mariscadorascarril copia100.jpgVILAGARCÍA> As mariscadoras achacan a situación á forte caída do nivel de salinidade da auga debido ás fortes precipitacións.

    {flowplayer}images/salnes/MORTANDADE_BERBERECHO_CARRIL.flv{/flowplayer}

    As mariscadoras levan varios días detectando a morte dos bivalvos, sobre todo do berberecho. Unha mortandade que, por experiencia doutros invernos, atribúen ó descenso na salinidade da auga.

    As mariscadoras carrilexas son conscientes da imposibilidade de frear estes efectos das choivas, que terán importantes consecuencias na súa economía. Polo de momento, tiveron que baixar o copo ós 5 quilos por traballadora, unha cantidade que saben que non acadarán, a pesares de que nos bos tempos poden chegar ós 30 quilos.

    O berberecho é o molusco que máis traballan as mariscadoras nesta zona, pero non o único. A ameixa xapónica e a fina son outros dos recursos que se poden atopar en Bamio. Por iso, a pesares de que nun principio a mortandade afecta maioritariamente ó berberecho, o colectivo xa atopou bivalvos doutras especies mortos. Unha situación que temen empeore de seguir caendo o nivel de salinidade da auga.

    Pero esta non é a única dificultade que está a afectar ás mariscadoras carrilexas nestes últimos días. A semana pasada a rotura dunha tubaxe na praia de Compostela provocaba un vertido que afectou ó marisco sementado na zona.

    Milagros Touriño asegurou que dende a súa agrupación xa presentaron unha reclamación ó concello, responsable desta tubaxe.

    Redacción Salnés