Vázquez anima a que o galego na infancia sexa berce do plurinligüismo

    linguamaterna copia.jpg PONTEVEDRA> Así o indicou o conselleiro de Cultura durante a celebración do Día Internacional das Linguas Maternas.

    {flowplayer}images/salnes/dia_lingua_materna210212.flv{/flowplayer}

    A gardería infantil de Príncipe Felipe, en Pontevedra, acolleu hoxe o acto institucional do Día Internacional das linguas maternas, ós que asistiron o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán. A UNESCO dedica este día ó papel integrador do ensino nesta tarefa de transmitir a lingua materna. O conselleiro salientou a importancia de abrirlles ós nenos as portas do galego como primeiro paso para abrirllas ó plurilingüismo.

    Este acto coincide no tempo coa polémica suba de taxas que a Deputación aplicará nesta gardería, da que se benefician 120 familias e na que traballan 14 profesionais. Tanto Louzán como Vázquez negaron calquera intencionalidade na escolla desta gardería, sen embargo, o presidente da Deputación aproveitou o seu discurso para xustificar o aumento.

    O acto incluíu o concerto musical para bebés e familias Arrolos no colo da fala, a cargo dos músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

    Redacción Salnés