O concello de Ribeira encargará un estudo sobre a viabilidade do trazado alternativo da variante

RIBEIRA> O concello de Ribeira segue a apostar por un trazado alternativo ó actual proxecto de circunvalación. Dende o executivo trasladarán á Consellería de Infraestruturas a necesidade dun estudo de viabilidade doutras propostas con menor impacto ambiental, económico e social.

O actual executivo de Ribeira segue mantendo a mesma postura que os tres grupos defenderon dende a oposición sobre a necesidade de estudar unha proposta alternativa ó trazado da variante de Ribeira.

Polo momento, están á espera dunha xuntanza coa Conselleira de Infraestruturas para plantexarlle a necesidade de estudar a viabilidade doutras propostas con menor custo económico, paisaxístico e social.

A intención do executivo é adxudicar un estudo a cargo de técnicos independentes, unha vez se aproben os orzamentos.