Ingresa nun psiquiátrico tras ferir a dous bombeiros e dous policías

    vivenda_okupada100.jpgVILAGARCÍA> Un incendio nunha casa en ruínas, en Trabanca Badiña, acabou con dous bombeiros e dous policías feridos leves, ó ser atacados por un indixente que ‘okupaba’ a vivenda.

    {flowplayer}images/salnes/incidente_indixente_bombeiros.flv{/flowplayer}

    Todo aconteceu ás dúas da madrugada de onte. O incendio non lles deu problemas, eran unhas brasas na planta baixa, pero ó inspeccionar o resto da vivenda comezou o ataque do okupa. Un dos bombeiros recibiu no casco o impacto dunha pedra e, de seguido outra alcanzoulle nas costas.

    No ataque de onte, os bombeiros reclamaron a presencia da Policía Nacional, que tiveron que perseguir ó okupa para detelo. O indixente opuxo unha forte resistencia, e acabou ferindo tamén ós dous axentes.

    A presencia deste home non pasara desapercibida entre os veciños da zona, pese a que a vivenda que ocupaba está afastada do resto.

    Finalmente o okupa foi detido e pasou xa a disposición do Xulgado número 1 de Vilagarcía, que decretou o seu ingreso nun psiquiátrico de Pontevedra.

    Redacción Salnés