O concello sonense recibe diverso material de Vicepresidencia

    PORTO DO SON> Parte do equipamento adquirido foi posible grazas ás axudas concedidas a través do Fondo de Compensación Ambiental, o coñecido coma ‘canon eólico’. Un tractor con desbrozadora e tamén un remolque destinado ós servizos de Protección Civil e Emerxencias totalmente equipado. Este foi o equipamento recibido esta mañá polo concello sonense e cuxa compra foi posible grazas a varias axudas da Vicepresidencia da Xunta próxima ós douscentos mil euros. Precisamente o titular en funcións deste departamento, Alfonso Rueda, destacou a importancia deste tipo de equipamentos para un concello.A adquisición deste material súmase tamén á embarcación xa cedida no mes de febrero e tamén ó turismo e á nova moto entregadas para a Policía Local. Parte da compra deste material fíxose con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental, que desde 2010 permite que os concellos se beneficien das explotacións eólicas instaladas na súa contorna.