O CEIP de Abanqueiro exemplo de modelo plurilingüe

BOIRO> A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, en Boiro. A visita serviu para anunciar que un total de 69 centros educativos de toda Galicia se incorporarán este curso ó modelo plurilingüe.

O colexio de Abanqueiro, no que cursan estudos preto de cen alumnos de educación infantil e primaria, é un dos centros máis veteráns no modelo plurilingüe, ó que se incorporou xa no ano 2011. Con el búscase a mellora da competencias lingüísticas do alumnado dende as etapas máis temperás e o resultado é do máis satisfactorio.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, que visitaba esta mañá o colexio, aproveitou a ocasión para anunciar que este ano se incorporan ou amplían o modelo plurilingüe un total de 69 centros educativos de toda Galicia.

Durante a súa visita ó colexio a titular de Educación felicitou a comunidade educativa polo seu traballo arredor do modelo plurilingüe, así como pola súa implicación noutras iniciativas impulsadas pola Consellería, como é o caso dos contratos-programa.