![]()
O GROVE> A xente do Mar do Grove pensaba que a embarcación Ratonero estaba a traballar na campaña do bonito ó igual que outros compañeiros…
{flowplayer}images/salnes/incautacion_ratonero_africa.flv{/flowplayer}
… de base na vila meca; pero a mercancía que traía na adega do barco era ben distinta: un total de 3.600 quilos de cocaína, repartidos en 90 fardos de cadanseus 40 quilos. Este operativo culminou na amencida do pasado día 21, cando os dispositivos da Garda Civil e do Servicio de Vixilancia Aduaneira interceptaron a esta embarcación, á altura das Illas Ozores, cando regresaba cun alixo desde Venezuela. Á bordo navegaban cinco tripulantes: 3 veciños do Salnés, un uruguaio afincado tamén nesta comarca e un colombiano, presuntamente, pertencente ó cartel exportador da droga. Ó fronte deste traslado figuraba o patrón do Ratonero, o grovense José Luís Devesa, de 45 anos, quen xa conta con antecedentes polo tráfico de estupefacientes. Os efectivos da orde inspeccionaban onte no Grove varias propiedades do armador, entre elas a vivenda dos seus sogros e unha furgoneta rotulada da súa propiedade, así como noutros concellos da contorna, como Vilanova e Cambados.
Este alixo é dos máis importantes dos incautados nos últimos anos, e, ó máis preocupante, explícita que a histórica ruta do Atlántico volve a cobrar forza ó ser o traslado por barco máis rendible por ter máis capacidade para albergar droga que o tráfico vía contedores. Amais esta posibilidade estaba a ser moi dificultosa para os delincuentes por estar sendo sometida a unha gran presión policial. Agárdase que esta embarcación que está a ser arestora remolcada polas patrullas chegue ó Porto de Vigo o vindeiro martes, onde será inspeccionado pola xuíza que instrúe o caso, a titular do xulgado número 3 de Vigo, Marisol López.
Desde a Federación Galega Contra o Narcotráfico válense desta incautación para pedir que non se recorten os efectivos na loita contra o tráfico de estupefacientes senón que se intensifiquen, posto que a crise empurra a moitos a caer na tentación do carto fácil, sobre todos ós que xa teñen experiencia nestas lides. Reclaman tamén a creación de xulgados especializados para evitar que se demoren no tempo este tipo de causas, ó que propicia que varios dos imputados poidan seguir delinquindo namentres están pendentes de xuízo.
Redacción Salnés








