O Pleno de Vilagarcía volve a estar presidido por unha alcaldesa

    VILAGARCIA> Rosalía é a nova alcaldesa infantil de Vilagarcía. Así se acordou na sesión plenaria celebrada esta mañá en Ravella na que os escolares do Concello debateron asuntos que lles afectan directamente: como os dereitos dos menores de idade, medidas contra o acoso infantil ou melloras en Rubiáns. Os rapaces e rapazas de Vilagarcía foron edís da corporación municipal por un día: co gallo da conmemoración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, os cativos de varios centros educativos vilagarciáns acudiron a este salón de plenos e celebraron unha sesión como as de verdade. Antes de nada, os edís tomaron posesión do seu cargo, e logo, escolleron ó novo alcalde, alcaldesa neste caso, para presidir a sesión. De seguido, os alumnos do colexios San Francisco, Sagrada Familia, Arealonga, a Lomba, Rubiáns e Vilaxoán presentaron varias mocións para o seu debate nesta sesión, co fin de buscar unha proposta consensuada ós problemas que afectan á xente miúda en todo o mundo. Esta iniciativa repítese cada ano en Vilagarcía para conmemorar de xeito especial o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, co fin de que os escolares aprendan máis sobre o funcionamento dos organismos oficiais. E o máis importante de todo é que os nenos e nenas vilagarciáns aprenderon nocións sobre cidadanía dun xeito ameno e divertido. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/pleno_infantil.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/pleno_infantil_vilagarcia.mp4{/flowplayer}