VILAGARCIA> Vilagarcía reformará a rúa Ameixeiras de Sobradelo. O concello presenta un proxecto para crear unha beirarrúa na zona e mellorar a iluminación. A intervención é unha vella demanda das asociacións de Sobradelo e Esperta Vilaxoán.
Despois de moitas protestas dos pais e nais dos alumnos do instituto Cotarelos Valledor e das asociacións de Sobradelo e Esperta Vilaxoán, o concello de Vilagarcía reformará a rúa Ameixeiras. Con este proxecto, a zona contará con beirarrúas e mellorará a seguridade viaria dos peóns, especialmente dos estudantes.
A intervención terá un custo que superará os 70 mil euros e incluirá aparcadoiros, melloras da circulación e a xa citada beirarrúa.
A pesar de que o concello aprobase este proxecto, dende a Asociación de veciños de Sobradelo non se fían ata que vexan comezar as obras.
A pesar da aprobación, as asociacións de veciños de Sobradelo e Esperta Vilaxoán asistirán hoxe ao pleno do concello. Entre as súas peticións tamén está que se tomen medidas de seguridade viaria na rúa Veiga do Mar e na PO- 549.